Preocupación polo uso de ozono por parte do concello de Ordes

0

Ordes, 25 de maio do 2020 – O concello de Ordes mercou recentemente un aparato de desinfección por ozono que, explicaba, era capaz de eliminar en dous minutos todos os patóxenos dun vehículo.

O BNG ven de mostrar a súa preocupación por estas afirmacións xa que o ozono é unha sustancia que non está avaliada pola Axencia Europea de Produtos Químicos, para a desinfección de espazos.

Recomendacións sanitarias en contra

As indicacións da Consellería de Sanidade, do Ministerio de Sanidade, así como do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, son moi claras ao respecto e desaconsellan o uso de este produto e din que “no caso do ozono ou dióxido de cloro, aínda que xa foron avaliadas as súas capacidades como  viricidas en determinadas condicións, aínda se está facendo unha avaliación sobre o risco que supón o seu emprego”.

Os nacionalistas din non entender “como o goberno municipal, ignorando ditas recomendacións, decide apostar por este método de desinfección e merca unha máquina xeradora de ozono”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial