Ordes traballa na creación da bolsa Isabel Zendal

0

Ordes, 14 de abril do 2018 – O concello de Ordes mantivo unha reunión para avanzar na creación na bolsa Isabel Zendal que servira no intercambio de investigadores e estudantes entre México e España.

A reunión asistiron o alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo; a concelleira de Educación, Susana García; a presidenta e o secretario da Asociación Isabel Zendal, Pilar Farjas e Fernando Fernández; e o secretario provincial de Sanidade do PsdeG-PSOE e presidente de honra da Asociación Isabel Zendal de México, Jesús Pedreira. No encontro abordáronse os principais puntos de cara á creación da bolsa que levará o mesmo nome da ilustre veciña ordense e primeira enfermeira da historia en misión internacional segundo a Organización Mundial da Saúde tras a súa participación na Expedición Balmis para a erradicación da varíola a comezos do século XIX. A dita iniciativa, que posibilitará o intercambio de investigadores e estudantes españois e mexicanos entre ambos os países, forma parte dos acordos de irmandamento que o Concello de Ordes asinou no mes de outubro do pasado ano co estado de Veracruz.

Durante o encontro todas e todos os asistentes tiveron ocasión de ver o facsímil co que o Concello de Veracruz agasallou á comitiva ordense durante a súa visita, con copias de documentos históricos relacionados coa chegada da Expedición Balmis e de Isabel Zendal en terras mexicanas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial