O Club Patinaxe Galia de Ordes presenta un campamento de verán

0

Ordes, 12 de xuño do 2019 – O Club de Patinaxe Galia vén de abrir a inscrición para asistir ao seu campamento de verán, que se desenvolverá do 1 ao 15 e do 16 ao 30 de xullo en Ordes, no pavillón Campomaior.

Poderán participar tanto membros do club Galia como calquera outro rapaz ou rapaza, de 3 a 17 anos, e xa está aberto o prazo de inscrición. As clases desenvolveranse de luns a venres de 10 a 14 horas. Daranse sesións de patinaxe, preparación física, danza, coreografía, traballos manuais e maquillaxe.

Para inscribirse ou solicitar calquera tipo de información pódese chamar ao teléfono 645871503 ou ben a través do correo electrónico clubpatinaxegalia@gmail.com. Cómpre lembrar que o número de prazas é limitado, polo que se aconsella tramitar a reserva o antes posible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial