Propoñen en Ordes unha campaña para promover o uso de microchips en cans

0

Ordes, 26 de xullo do 2018 – O Psoe de Ordes ven de presentar unha proposta para que o concello promova a colocación de microchips entre os donos de cans.

O portavoz socialista de Ordes, Alejandro Manteiga, sinala a conveniencia de que as persoas propietarias das mascotas regularicen a súa situación no caso de que non dispoñan de microchip: “é doado atopar polas nosas rúas cans que claramente son mascotas extraviadas, moitas incluso con colar pero sen microchip identificador”. Os socialistas sinalan que un procedemento tan rápido, inocuo e asequible como a colocación do chip identificador é positivo tanto para o propietario, posto que facilita atopar o animal no caso de perda, como para o Concello, que evita ter que facerse cargo do animal e o labor de buscar o seu posuídor ou posuidora.

O PSOE ordense cre que o Concello debería impulsar a campaña informativa, coa colaboración da Policía Local, expoñendo ademais o contido da lei autonómica de protección e benestar dos animais de compañía aprobada o pasado outono. Esta norma establece obrigas e responsabilidades para as persoas que teñan mascotas e outorga ás administracións públicas o deber de “realizar un intenso labor de información, educación e sensibilización á cidadanía”. O texto autonómico tipifica como infracción grave que un can careza de microchip identificador, o que implica sancións económicas de ata 500 euros.

A moción preséntase para o seu debate e votación no vindeiro pleno municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies