Ordes recolle alimentos para Cruz Vermella nun partido solidario

0

Ordes, 23 de Nadal do 2017 – Cruz Vermella recibirá un bo paquete para distribuír entre as familias necesitadas do concello grazas ao partido solidario de baloncesto que se celebrou esta semana.

Partido solidario a favor de Cruz VermellaPara disfrutar do partido solidario, a favor de Cruz Vermella, era preciso pagar a entrada con alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza e hixiene. Sobre a pista os equipos Hormigones Carral e Atenea Ordes nos que se integraban veciños coñecidos como o propio alcalde, José Luís Martínez Sanjurjo. O encontro foi moi axustado pero a vitoria decantouse polos de Carral cun resultado final de 35 a 39.

Pero o máis importante foi a resposta do público que conseguiu recoller 150 kilos de produtos que serán doados a Cruz Vermella Ordes e que aliviaran o Nadal das familias como menos recursos.

O partido contou, para a súa organización, co concello de Ordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial