Beatriz Martínez, concelleira non adscrita, demanda actualizar o catálogo de patrimonio de Ordes

0

Ordes, 22 de novembro do 2017 – A concelleira do Concello de Ordes Beatriz Martínez Candal presentará no pleno municipal do día 24 de novembro unha moción para actualizar o catálogo de patrimonio de Ordes antes da aprobación do Plan Xeral.

Beatriz Martínez Candal, do grupo de concelleiros non adscritos, insta o goberno municipal a que tramite un expediente de modificación dos bens catalogados que realmente existen, debido a que se dá a circunstancia de que en bastantes casos o catálogo de patrimonio municipal non está actualizado e iso obriga a dilatar o procedemento das licenzas urbanísticas. Ademais, a concelleira Martínez Candal solicita na súa moción a que se esixa á Xunta de Galicia a elaboración dun Plan de Protección de Bens Catalogados, que inclúa a sinalización de cada ben cun cartel no seu emprazamento que indique a súa clasificación, declaración e catalogación, para posteriormente realizar a correspondente actualización do catálogo de bens patrimoniais por parte dos técnicos correspondentes.

Para Martínez Candal, “trátase de que o Concello de Ordes actualice e comprobe os bens do catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia relativos ao municipio e que os veciños de todas as parroquias poidan verificar os datos e modificalos se son erróneos. E que iso se faga extensible en toda Galicia a través da Xunta”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies