займ срочно

Ordes celebrará o vindeiro venres o Día do Deporte

0

Ordes, 9 de setembro do 2019 – O Concello de Ordes celebrará o vindeiro venres, día 13,  a segunda edición do Día do Deporte no que poderá participar todo o mundo sen inscrición e de balde.

O Día do Deporte celebrarase no Campo da Feira e no caso de choiva trasladarase ao pavillón Campomaior.

Ordes Día do DeporteA través desta iniciativa poderanse ampliar coñecementos, obter información ou experimentar a práctica de modalidades deportivas como o Aikido, taekwondo, atletismo, tiro con arco, tenis, fútbol, fútbol sala, orientación, patinaxe artística, ximnasia rítmica, baloncesto, kickboxing, pádel e hóckey ou patíns. Os participantes tamén terán a oportunidade de recibir agasallos e entrar no sorteo de material deportivo sempre que cheguen a completar o circuíto de actividades previsto pola organización, o cal pasa por cada unha das áreas reservadas a cada deporte. Para participar deberá recollerse un cupón na zona de organización ese mesmo día.

Ordes Día do Deporte

Ordes Día do Deporte 2018

Para a posta en marcha desta xornada o Departamento de Deportes do Concello conta coa colaboración de Sportec e a Casa Grande de Xanceda, ademais do apoio dos seguintes clubs: Club Patinaxe Galia, Club Atletismo Ordes, Jogafán F.S., Boud-Sport Club de Taekwondo, Asociación de Taekwondistas da Comarca de Ordes, Sociedade Deportiva Club Órdenes, A.C. Órdenes, Club SEO, Adarve, Ximnasia Rítmica Carral/Ordes, K2 Ordes, Pádel Club, Kickboxing OPC Fitness, Asociación Galega de Aikido Dentou Iwama Ryu, ISAASK, CAB Obradoiro e  a Asociación Enfeitizados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies