Ordes, 27 de setembro do 2019 – O domingo 20 de outubro a asemblea de Ordes da Asociación Española contra o Cancro, AECC, celebrará a IX Comida Baile Solidaria.
Como é habitual terá lugar no restaurante Barreiro, na parroquia de Leira, e dará comezo ás 14.30 horas. As entradas poderanse adquirir a partir da vindeira semana tanto no mesmo restaurante como no bar Salón (Ordes). O prezo do evento da AECC será de 30 euros.
No acto levarase a cabo o habitual sorteo de agasallos doados polos comerciantes da vila. Novamente porase á disposición das persoas asistentes un servizo gratuíto de autobuses, que sairá ás 14 horas da Alameda de Ordes, grazas á colaboración de Autos Rogelio.