Ordes celebrou o Día do Deporte

0

Ordes, 2 de setembro do 2018 –   Por primeira vez o Concello de Ordes celebrou o Día do Deporte con distintas actividades no Campo da Feira.

No Día do Deporte os participantes puideron practicar aikido, taekwondo, atletismo, tiro con arco, tenis, fútbol, fútbol sala, orientación, ciclismo de montaña (BTT), patinaxe artística e hóckey a patíns. Todas as prácticas tiveron lugar baixo o asesoramento e a supervisión de profesionais e persoas entendidas en cada unha das modalidades. Ao finalizar o alcalde de Ordes e a concelleira de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, entregaron os agasallos do sorteo levado a cabo grazas á colaboración de Sportec.

A maiores o grupo de aikido e os equipos de taekwondo e patinaxe artística levaron a cabo exhibicións para dar a coñecer o seu traballo. Para a posta en marcha desta xornada o Departamento de Deportes do Concello contou co apoio dos seguintes clubs: Club Patinaxe Galia, Club Atletismo Ordes, Jogafán F.S., Boud-Sport Club de Taekwondo, Asociación de Taekwondistas da Comarca de Ordes, Sociedade Deportiva Club Órdenes, A.C. Órdenes, Club SEO, Adarve e a Asociación Enfeitizados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial