Os camións de gran tonelaxe xa poden ir de Ordes a Cerceda por Mercurín

0

Ordes, 21 de novembro do 2017 – A Xunta retira a limitación de tonelaxe da estrada entre Ordes e Cerceda por Mercurín. A primeira consecuencia é que os camións de Cesuga deixarán de circular polo centro de Ordes.

A reforma da estrada de Mercurín supón un investimento, por parte da Xunta, de 2,3 millóns de euros. A circulación de vehículos pesados estaba actualmente restrinxida pero os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas consideran que o  grao de avance das obras de mellora da estrada fai posible que circulen os camións en condicións de total seguridade.

As obras que se están a realizar consisten na ampliación e no acondicionamento da estrada ao longo de sete quilómetros, co obxectivo de acadar un ancho máis adaptado ás necesidades de mobilidade da zona. Actualmente atópase xa ensanchada a calzada ata os 9 metros, o que fixo posible ampliar os carrís e construír beiravías nas dúas marxes, ata agora inexistentes. Ademais xa está renovado o firme.

mapa da zona transferida a XuntaEsta decisión posibilita a circulación dos camións que trasladan restos de animais cara as instalacións da Gestora de Subprodutos de Galicia S.L (GESUGA). Estes vehículos son os que a finais da semana pasada propiciaron unha protesta pública por parte do alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, tras o derrame de restos ao longo da avenida Alfonso Senra.

O incidente motivou unha xuntanza entre o rexedor e representantes de GESUGA, que solicitaron a decisión tomada hoxe pola Xunta de Galicia. Un total de sete vehículos poderán  evitar o casco urbano e transitar por Mercurín ata as instalacións situadas no lugar da Areosa (Cerceda). Así se aprobou tras o estudio realizado polos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies