Atmosfera Galicia leva a Clara Panas e Rupert Twine á igrexa de Santa María de Ordes 

0

Ordes, 7 de outubro do 2019 – O ciclo de concertos Atmosfera Galicia leva a Ordes a voz de Clara Panas e o piano de Rupert Twine o próximo día 20 de outubro.

Atmosfera Galicia é, según Felipe González, “unha viaxe dos sentidos por diversos e fermosos emprazamentos que se atopan espallados polos tramos dos camiños que levan a Compostela”. O ciclo consegue levar a espazos arquitectónicos históricos unha serie de actividades musicais, pero nun formato que se distancia dos concertos habituais. “Queremos encher estes fermosos espazos de ondas sonoras da nosa terra e que o público, tanto visitantes do Camiño como veciñanza, acaden unha experiencia única podendo sentir fermosas harmonías dentro de espazos privilexiados”,

No caso de Ordes a cita será o día 20, ás 18.45 horas, na igrexa de Santa María de Ordes, espazo que acollerá a actuación da soprano Clara Panas e do pianista Rupert Twine.

O proxecto está subvencionado pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo (Xacobeo 2021), e conta coa colaboración dos distintos concellos nos que se leva a cabo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial