Tenso clima laboral no concello de Ordes

0

Ordes, 7 de xullo do 2020 – O concello de Ordes vive un tenso clima laboral no que o sindicato maioritario no comité de empresa do persoal laboral, CIG, pide ao goberno municipal respecto e imparcialidade cando use os medios de comunicación oficiais.

O sindicato critica a parcialidade informativa do Concello de Ordes e  o acusa de querer “ocultar á maioría da representación do persoal laboral”.

O 2019 non existiu

As queixas nacen da nota de prensa sobre o pleno de orzamentos celebrado o 26 de xuño. En ese comunicado o goberno municipal achaca os acordos co persoal laboral á representación maioritaria no 2018, o CSIF, ignorando que na actualidade é a CIG que ostenta esa maioría.

O sindicato lembra que “foi na reunión mantida o 29 de outubro de 2019 entre o comité (2 membros do CSIF e 3 da CIG) e os representantes do Concello de Ordes cando se aprobou oficialmente o recoñecemento e bonificación das antigüidades, estipuladas como trienios na proposta de convenio colectivo”.

Tamén explican que foi precisamente a CIG quen se encargou de aclarar ao tesoureiro do Concello as dúbidas sobre as táboas de equivalencia dos trienios e quen defendeu que o persoal laboral recibira as mesmas cantidades que as establecidas para o funcionariado. Así mesmo, que se aplicaran as subas dende a toma dese acordo, para o cal se decidiu tivese un carácter retroactivo con data 1 de xaneiro de 2020, “quedando supeditado á dotación de crédito na aprobación dos orzamentos municipais”.

Por estas e outras cuestións a CIG solicita que, se tal e como se indica na nota de prensa emitida polo Concello, o acordo do pago de trienios ao persoal laboral se adquiriu a finais do ano 2018, “se aplique con carácter retroactivo o seu aboamento dende esa data e se demostre documentalmente o citado compromiso na data sinalada”.

Tamén se lle demanda ao Goberno Local que, de cara a futuras comunicacións, “aplique un maior rigor informativo, o predominio da obxectividade e imparcialidade que merece a publicación de calquera tipo de información por parte dunha Administración Pública, e que se absteña de utilizar medios públicos para o servilismo de  intereses particulares por parte do Grupo de Goberno Local. Un tratamento partidista dos medios de comunicación institucionais que xa leva tempo sendo criticado abertamente por membros da oposición”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial