Ordes comeza a construción do novo parque infantil cuberto

0

Ordes, 27 de novembro do 2018 –  O Concello de Ordes ten previsto iniciar esta semana as obras de construción do novo parque infantil, o primeiro cuberto, situado no Campo da Feira.

O novo parque infantil estará a carón da pista multideporte. O primeiro paso será dotar a zona da infraestrutura necesaria para a instalación dos elementos proxectados segundo as idades dos usuarios e usuarias para quen está pensada esta nova zona de ocio. O orzamento total de licitación ascende a 190.723,72 €.

A área contará no seu conxunto cun valado de malla metálica electrosoldada e con pregas de reforzo que, ademais de permitir o seu peche pola noite, suporá unha maior seguridade para a rapazada que faga uso da instalación. Tamén en prol da seguridade colocarase un pavimento de caucho reciclado para absorber os impactos e evitar lesións.

A zona infantil contará, ademais, cunha ampla cuberta de aceiro e de placas translúcidas, o que permitirá dispoñer dun espazo onde resgardarse das inclemencias meteorolóxicas sen necesidade de ter que renunciar ao xogo e á diversión. Deste xeito dáse resposta a unha das demandas veciñais máis repetidas nos últimos anos, xa que a día de hoxe en ningún lugar da vila ordense se conta cunha instalación similar para os nenos e nenas. Algo realmente necesario se se ten en conta a gran cantidade de días que en Ordes se rexistran precipitacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial