займ срочно

Ordes comeza continúa co Día do Neno a súa Viaxe pola Cultura

0

Ordes, 3 de agosto do 2018 – O concello de Ordes está disfrutando de agosto con 15 días de actividades, que rematarán coas festas patronais, e hoxe celebra ao longo da xornada o Día do Neno.

Despois de que nas dúas últimas xornadas Ordes disfrutara co Trío Refugallo, e os seus instrumentos feitos de material reciclado, e a maxia de Kenneth Illusionist entretiveran a veciñanza hoxe a xornada céntrase nos cativos.

O Día do neno de Ordes  dará comezo a partir das 17 horas no Campo da Feira onde, un ano máis, Garabato de Xogo traerá diversión e entretemento. Obradoiros de maxia, xogos, gardería, barredoras para brincar, pista americana de obstáculos, tobogáns, inchables, futbolín humano, circuítos de triquetg, animacións, xeados, flocos de millo etc serán algunhas das actividades programadas.

Como é costume unha gran festa da espuma porá o punto e final a esta celebración, polo que  se aconsella aos cativos e cativos vir provistos de roupa de baño, chancletas e toalla. No caso de que as condicións meteorolóxicas o requiran a cita trasladarase ao pavillón Campomaior.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies