Inícianse as obras de mellora da estrada Ordes a Carballo

0

Ordes, 3 de setembro do 2019 –  Este luns comezaron as obras de mellora do firme da estrada AC-413 que une Ordes con Carballo.

A obra, que continuará por Cerceda e Tordoia en dirección Carballo, iniciouse na zona coñecida como do Empalme. O importe total do investimento por parte da Consellería de Infraestrutura e Mobilidade sitúase preto dos 800.000 euros, cartos cos que se reporá o firme nos puntos necesarios. Tamén se construirá unha cuneta de seguridade onde se precise, levarase a cabo a disposición de reflectores, o repintando das marcas viarias, ademais da renovación de sinais. O prazo de execución para todo isto estímase en catro meses. 

Estrada Ordes CarballoAs obras realízanse no tramo comprendido entre o punto quilométrico 3 e o 16+200, que coincide coa intersección coa estrada autonómica AC-400, á altura do núcleo da Silva (Cerceda).

Cómpre lembrar que en 2016 a Xunta xa realizara obras de rehabilitación da capa de rodaxe nos tres primeiros quilómetros dos treitos inicial e final desta vía. A maiores actualmente tamén está en execución outro contrato de melloras de firme, que inclúe traballos no tramo final da estrada AC-413.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial