Ordes organiza un curso de actividades auxiliares de almacén

0

Ordes, 11 de setembro do 2019 –  Dende o Departamento de Emprego do Concello de Ordes infórmase da apertura de prazo, ata o 23 de setembro, para inscribirse nun curso de actividades auxiliares de almacén.

O curso está dotado con certificado de profesionalidade. O número total de praza é de 15, arrancará en outubro, estando previsto inicialmente o horario de mañá. A formación teórico práctica realizarase nas instalacións situadas en A Barcala Cambre e no polígono industrial de Ledoño (Culleredo).

Est formación englóbase no proxecto EIXO do Plan de Emprego Local (PEL) 2016-19, dentro do itinerario de comercio e loxística. Está promovido pola Deputación da Coruña co obxectivo principal de inserir laboralmente á poboación moza da provincia. Inclúe o acceso ao carné C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP).

curso de actividades auxiliares de almacénAs persoas beneficiarias desta acción deberán ser menores de 30 anos e desempregadas da provincia da Coruña. Ademais, entre outros requisitos,  ter cumpridos os 18 anos e estar empadroadas nun concello inferior aos 50.000 habitantes, estar anotadas no sistema de Garantía Xuvenil e ter carné en vigor da clase B.

A acción formativa inclúe 170 horas de teoría en actividades auxiliares de almacén e outras 40 de prácticas. Tamén están programadas outras 320 horas en accións transversais e complementarias (lingua estranxeira, novas tecnoloxías, igualdade de oportunidades, carné C/C1 e certificado de profesionalidade de transporte de mercancías por estrada).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial