Ordes súmase á campaña da Deputación Construíndo diversidade de defensa dos dereitos LGTBI

0

Ordes, 21 de xuño do 2017 – Ordes vén de sumarse á campaña Construindo diversidade, de defensa dos dereitos LGTBI, que promove a área de Igualdade da Deputación da Coruña.

Unha iniciativa que nace co fin de contribuír a eliminar as discriminacións, concienciar sobre a tolerancia e apostar pola diversidade sexual, e que xira arredor do Día do Orgullo LGTBI que se celebrará o vindeiro 28 de xuño.

En palabras de Susana García, concelleira de Benestar Social, “dende o Concello de Ordes apoiamos calquera iniciativa institucional que supoña un paso adiante no avance da nosa sociedade e dos dereitos da cidadanía, especialmente daqueles grupos ou colectivos que os vexan ameazados ou padezan a inxustiza da desigualdade. O respecto aos distintos modos de sentir e de pensar é un dos piares nos que se debe fundamentar unha sociedade xusta e igualitaria, polo que estamos dispostos a traballar na medida das nosas posibilidades polos dereitos do colectivo LGTBI e conmemorar como se merece un día tan sinalado como o é o 28 de xuño”.

Trinta municipios

A día de hoxe son trinta os municipios de toda a provincia adheridos a esta campaña. “Búscase que se adhiran ao obxectivo común de concienciar e mudar mentalidades sobre as diversidades sexuais e identidades de xénero para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, traballando sobre a igualdade, a dignidade, a pluralidade, a diferenza e o respecto”, explicou a técnica de Igualdade da Deputación, Eva Ovenza, arredor da filosofía da campaña.

Ánxela Franco, responsable da área de Igualdade da Deputación, resalta a importancia que ten que “os concellos sumen as súas forzas e os medios necesarios para esta conmemoración, co fin de enviar unha mensaxe común de loita contra o acoso, a homofobia e as distintas formas de discriminación e a favor das diversidades como maneira de estar no mundo.

A campaña difundirá vídeos, carteis e diverso material cunha imaxe común de impacto para concienciar á sociedade na realidade da diversidade sexual. Para isto empregaranse tanto as redes sociais, como páxinas web, publicacións e edificios públicos. Tamén se inclúe unha proposta de campaña propia para a difusión a través das distintas redes sociais. A Deputación da Coruña, a través da área de Igualdade, animará ese día a que os concellos luzan a bandeira da diversidade sexual nas súas dependencias ou mesmo a través de iluminación nos edificios municipais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial