Ordes construirá novas beirarrúas no polígono de Merelle

0

Ordes, 28 de maio do 2019 –   O Concello de Ordes vén de recibir a resolución do proxecto de mellora do polígono industrial de Merelle por un valor de 93.400 €, achega ofrecida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O gasto proxectado para impulsar as infraestruturas, o cal ascende a 116.750 €. A inversión no Polígono de  Merelle posibilitará a construción de 990 metros lineais de beirarrúas con bordo de formigón e a colocación da tubaxe para sistema de iluminación pública entre outras medidas. De maneira previa procederase coa demolición, nivelación e compactación do terreo existente. En total a actuación contémplase sobre unha superficie de máis de 2.850 metros cadrados nos que se reporán as beirarrúas existentes debido ao seu deficiente estado de conservación, ademais de ampliar o ancho actual en 2,30 metros.

En conxunto a Xunta de Galicia outorgará 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia, tendo prioridade os denominados Concellos Emprendedores (32).

Do total de proxectos aprobados, a maioría (38) teñen como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias, aínda que tamén se instalarán sistemas de seguridade e vixilancia (6), ademais de plantas de depuración de auga, xestión de residuos e colectores con vertedura á depuradora municipal (8). Tamén se levarán a cabo instalacións contraincendios e contra roubo de cable (5).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial