Ordes aforrará 45.000 € anuais no consumo enerxético

0

Ordes, 28 de Nadal do 2017 – O Concello de Ordes aforrará a partir de este ano 44.850 € no seu consumo enerxético, un 15% da súa facturación anual. Así se estipula tras os resultados da auditoría realizada recentemente en base ao gasto e consumo do ano 2016.

A auditoría destaca a actualización e o cambio de tarifas e de potencia en 38 dos 114 contratos que a día de hoxe ten asinados a Administración local coa empresa subministradora. Esta medida supón un aforro de 28.100 €. O Concello poderá dispoñer cada ano doutros 2.700 € grazas á próxima instalación de baterías de compensadores que suporán a eliminación das penalizacións polo uso de enerxía reactiva. Dito proxecto de compensación de reactiva realizarase para un total de 4 puntos distintos.

Ademais do inventariado de todo o concello, para posteriores actuacións, a empresa encargada da auditoría de consumo enerxético revisou as facturas dos últimos cinco anos atopándose 24 erros que suporán unha devolución de 4.200 €.

Licitación

A intención do actual equipo de goberno, encabezado por José Luis Martínez Sanjurjo, pasa por sacar a licitación o subministro eléctrico de todo o Concello, con que se estima un aforro asociado de entre 10.000 e 15.000 € anuais. Con esta decisión garántese que o Concello de Ordes dará debido cumprimento coa normativa estipulada dende a Xunta de Galicia, a cal obriga a que entre o 30% e o 40% do seu subministro eléctrico proceda de fontes de enerxía renovable.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies