Ordes revoca os contratos menores aprobados no seu día por UXO

0

Ordes, 29 de outubro do 2017 – O pleno de Ordes revocou a acordo que no seu día conseguira aprobar UxO sobre a concorrencia en contratos menores.

O Pleno arrancou coa toma de posesión dos novos concelleiros de UxO, Manuel Iglesias e Leoncio Gómez, os cales substitúen ás dimitidas Silvia Marín e Lucía Iglesias. 

A continuación entrouse en materia coa proposta do Partido Popular de modificar o acordo do pasado 26 de maio tras a moción presentada por UxO para a libre concorrencia nos contratos menores. Esta establecía a tramitación administrativa nos contratos de obras por contía superior a 3.000 € e a de servizos e subministro por máis de 1.000 €. Unha medida “coa que se pretendeu bloquear e paralizar ao Concello” en palabras do alcalde José Luis Martínez Sanjurjo, e que contou co informe desfavorable tanto do secretario e do interventor municipal, así como do persoal xurídico da Deputación Provincial da Coruña. Os membros do Partido Popular de Ordes deron conta da interposición dun contencioso administrativo o pasado 23 de outubro, dentro do plazo establecido pola lei. 

Finalmente as votacións foron moi contrarias ás efectuadas o pasado maio. Nesta ocasión os catro non adscritos e o PSOE votaron a favor da modificación, mentres que UxO e BNG abstivéronse.

Unanimidade    

A sesión acadou o consenso de todos os grupos en varios puntos centrados na seguridade viaria. Así aconteceu coa proposta plantexada polos dous novos integrantes da bancada dos non adscritos tras o seu abandono das filas de UxO, Roberto González e Ramón Vázquez Raña, na que se lle solicita ao Ministerio de Fomento o pagamento e “a construción dunha beirarrúa ou senda que transcorra dende o antigo centro comarcal ao bar Orense”, paralelamente á N-550. Tamen se aceptou a proposta de UxO de incluír un carril bici. O BNG demandou “implementar as medidas que sexan precisas para reducir a siniestralidade na rotonda situada á entrada do polígono industrial de Merelle, a cargo do Ministerio de Fomento”, titular da vía (N-550).

Unanimemente tamén aprobouse a segunda moción dos nacionalistas na que se solicita da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio “a negociar con SOGAMA e con GESUGA do desvío do casco urbano dos camións que transportan refugallos ás súas plantas”. Un acordo que entraría en vigor a partir de abril, unha vez rematadas as obras de arranxo da estrada de Mercurín, as cales estánse levando a cabo. Os concelleiros do BNG aceptaron a inclusión das dúas emendas plantexadas polo grupo popular, sobre a elaboración do estudio da variante da Rolda Oeste e a execución dunha rotonda por parte de Fomento no p.q. 37. Ademais, o rexedor informou sobre as conversas mantidas con director e xerente de ambas sociedades sobre esta problemática, nas que xa lle trasladaron a súa predisposición a eliminar o tránsito destes vehículos pesados da vila.

A concelleira non adscrita Beatriz Martínez Candal tamén logrou o voto a favor de todas as forzas, agás o do PSOE, á hora de “solicitar o retranqueo de apoios na senda peatonal de Ordes a Ponte Pinguela. Dende o Concello tramitaríanse os permisos e autorizacións para a súa execución, ademais da xestión dos mesmos”.  Un punto no que incluíronse dúas emendas por parte do BNG e Roberto González, en relación ao soterramento das liñas e o financiamento por parte da Deputación da Coruña.

Alejandro Manteiga, voceiro do grupo socialista, viu a probada a súa moción contra os lumes no territorio galego, grazas aos votos de UxO, BNG e os non adscritos Luis Caamaño e Beatriz Candal. Nela solicítase conformar “un grupo de traballo plural, que conte con forzas políticas de todos os niveis da Administración e corpos de seguridade estatais, expertos académicos, membros de equipos de extinción etc”. Tamén se inclúe a cuantificación dos danos causados ao longo do 2017, medidas por parte da Xunta para evitar a erosión e o deterioro dos montes queimados, a asignación de orzamentos e o compromiso unánime dos grupos parlamentarios para aumentar o gasto en prevención. Por último pídese un especial recoñecemento a todas as vítimas, persoas afectadas, efectivos implicados etc nos últimos incendios. 

Neste punto Roberto González e Vázquez Raña argumentaron a súa abstención en que “esta non é materia do Pleno municipal senón do Parlamento de Galicia”. Pola súa banda o equipo de Goberno manifestou estar de acordo con fondo da proposta pero insistiu no papel decisivo dos incendiarios neste tipo de actos “os cales xa se están a tratar na cámara baixa rexional”. O BNG situou a orixe desta problemática “no abandono do rural”. Demandou medidas de fomento para as explotacións agrícola, gandeiras e forestais, así como a desestacionalización dos servizos de prevención e extinción de incendios.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies