Ordes asina os convenios coas escolas deportivas de fútbol, hóckey e fútbol sala

0

Ordes, 2 de outubro do 2018 –   O Concello de Ordes asinou a pasada semana convenios de colaboración con distintos equipos da cidade, co principal obxectivo de fomentar o deporte a través da súas escolas deportivas.

firma das escolas deportivas de OrdesO concello colaborará un ano máis co S.D. Club Órdenes, o Jogafán Ordes F.S. e o club de hóckey A.C. Órdenes. Os clubs adquiren o compromiso da xestión e o mantemento das escolas deportivas de cada disciplina, así como da liga local no caso do fútbol sala. O prazo de vixencia do acordo perdurará ata o 30 de xuño do vindeiro ano.

Cómpre destacar o elevado número de usuarios e usuarias inscritas cada ano nas escolas deportivas municipais, contabilizándose en varios centos. Nalgúns casos as clases impártense dende as categorías micro ou biberón ata a de xuvenís. Ana María del Río Otero, Antonio Vázquez Rendal e Óscar Cores Garazo, presidenta do A.C. Órdenes e presidentes da S.D. Club Órdenes e do Jogafán Ordes F.S respectivamente, foron os encargados de formalizar o dito acordo. Por parte do Concello de Ordes acudiu á cita a máxima responsable da área de Deportes, Ana Soneira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial