займ срочно

Segue a oposición a novos parques eólicos na zona de Ordes

0

Ordes, 5 de maio do 2020 – Ademais da oposición veciñal aos parques eólicos institucións como a Deputación da Coruña mostran o seu rexeitamento a novas instalacións.

O pleno do organismo provincial aprobou, cos votos a favor de PSdeG, BNG, Alternativa dos Veciños e Marea Atlántica, unha moción pola que acorda reclamar a liberación da zona de eólicos.

O acordo aprobado declara que  “O Pleno da Deputación da Coruña traslada todo o seu apoio á veciñanza da comarca de Ordes, así como á Mancomunidade, aos alcaldes e corporacións municipais que coas súas declaracións institucionais e variadas accións levan anos reclamando que se reforme o Plan Sectorial Eólico de Galicia, paralizando os proxectos actualmente propostos para a comarca de Ordes, e procurando un mellor equilibrio entre o impacto e o retorno desta actividade nos territorios, atendendo ás demandas expresadas polos colectivos e entidades”.

parques eólicosA moción aprobada pola Deputación denuncia que ao longo dos dous últimos anos se levan rexistrado para a súa tramitación na Xunta ou no Estado un total de 14 parques eólicos promovidos por diferentes multinacionais para instalarse na comarca de Ordes, que debería ser unha zona protexida por estar declarada oficialmente como de “especial interese agrario”1.

Desde a primavera do 2018, as grandes eléctricas solicitaron para a comarca de Ordes os denominados Parque Eólico da Pobra, Ardemil, Monte Inxerio, Gasalla, Legre, Solpor, Meirama, Encrobas, Xalo, Pico Cedeira, Monte San Bartolomé, Tornado, Orzar e Pedrabante. Suporían máis de 100 macromuíños de vento de máis de 200 metros de alto cada un.

A moción asegura que obxectivamente é razoable dicir que se trata dunha comarca “non axeitada” para a instalación deste tipo de parques eólicos e infraestruturas paralelas que levan aparelladas, pois calcúlase que afectarían a 1.000 postos de traballo e a máis de 500 explotacións agrogandeiras que hai nesta zona.

 

Criticas ao voto contrario do Partido Popular

Os socialistas da Mancomunidade de Ordes criticaron que o grupo do PP na Deputación da Coruña non apoiase no pleno da moción. Os socialistas queren deixar claro que non están en contra da enerxía eólica, pero si dos parques que poñen en perigo o sector primario ou paraxes naturais polos que transcorre o Camiño Inglés, por poñer un exemplo.

“Pensabamos que había unanimidade neste tema, pero outro día quedou claro que non, polo que o PP queda en evidencia, xa que os alcaldes de Frades, Ordes, Tordoia e Trazo se manifestaron en máis dunha ocasión en contra dos parques”, sostén Antonio Leira, deputado provincial e coordinador dos socialistas da comarca de Compostela.

Aínda que os proxectos máis polémicos non están aprobados, a realidade é que tampouco están descartados, polo que o PSOE lembra que “temos que estar todos xuntos e ser coherentes, non podemos defender unha cousa ante os veciños e outra na Deputación ou na Xunta”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies