займ срочно

Ordes tomará medidas contra os derrames e malos olores dos transportes de Gesuga

0

Ordes, 16 de novembro do 2017 – O Concello de Ordes ven de expresar o seu malestar polo proceder da empresa Gesuga ante o “continuo, descoidado e defectuoso servizo que realiza no transporte de restos de animais”.

O malestar con Gesuga non é só do concello xa que se estende tamén entre outras moitas organizacións e asociacións locais, como é o caso da Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) e a veciñanza en xeral.

O concello pon como exemplo un caso acontecido onte mesmo. Ao mediodía un dos camións deixou espallado un regueiro de sangue pola rúa Alfonso Senra, en pleno casco urbano. Unha situación que orixinou de inmediato un fedor insoportable e que durante mais de unha hora padeceron residentes, condutores e peóns, ademais do conseguinte inconveniente para o comercio da zona.

Por este motivo José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, ven de esixir tanto ao consello de administración como á xerencia de Gesuga unha solución inmediata e eficaz. Apela o rexedor á súa responsabilidade no mantemento e estanqueidade da súa flota de vehículos para prestar un servizo que garanta as condicións hixiénico-sanitarias que merecen os veciños de Ordes.

O alcalde lémbralles tamén os “continuados e distintos compromisos adquiridos co municipio de Ordes” neste eido logo de ter remitido varios escritos de queixa nos derradeiros dous anos, e sinala a súa intención “de tomar as medidas que lle brinde a lei e a potestade do seu cargo para compensar esta difícil situación que sofre o pobo de Ordes e tamén para evitar que se volva repetir”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies