займ срочно

Desmantelan unha liña eléctrica en desuso no Mesón do Vento

0

Ordes, 18 de xullo do 2019 – Satisfacción no Bloque Nacionalista de Ordes polo desmantelamento dunha liña eléctrica en Mesón do Vento tal e como reclamaban desde o pasado mes de setembro.

A liña eléctrica facía moito tempo que no se usaba pero o tendido seguía cruzando Mesón do Vento. O BNG presentara unha moción, ante o pleno municipal, para instar a empresa ao seu desmantelamento; petición aprobada pola corporación.

liña eléctrica en Mesón do VentoNo Boletin Oficial da Provincia da Coruña do luns, 1 de xullo de 2019, anunciouse a resolución da Xefatura Territorial da Coruña do Servizo de Enerxía e Minas, onde autorizan o desmantelamento da liña de alta tensión de 66 Kv. Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, manifestaba estes días a “nosa satisfacción porque a iniciativa que impulsamos no pasado mes de setembro, vaia ser unha realidade nas próximas datas”.

Vidal sinala que “o desmantelamento da liña permitirá o aproveitamento urbanístico, forestal e agrogandeiro das parcelas que se atopan atravesadas pola mesma”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies