Ordes estrea o documental Murmurios do silencio

0

Ordes, 15 de outubro do 2019 – Coincidindo co Día da Muller Rural o concello de Ordes estrea o documental Murmurios do silencio, as sete e media de esta tarde no pazo de Bidueiro.

Murmurios de Silencio recolle recolle o testemuño de dez mulleres pertencentes á comarca de Ordes vítimas da violencia de xénero. Na súa propia voz explican de que xeito viron truncadas as súas vidas por mor desta gran problemática social e de como son capaces de facer para levar a cabo un novo comezo.

O proxecto conta co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade e está promovido pola Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (ASDECOMOR), en estreita colaboración co Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes. Tamén hai que destacar a participación da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia,  da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), do Fondo Social Europeo, da Asociación de GDR de Galicia, e a do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.

A cita teñen confirmada a asistencia a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella; a Presidenta Mancomunidade de Ordes, Susana García Gómez; o Presidente ASDECOMOR, Mariano Iglesias Castro; o Secretario Xeral Agader, Severino Álvarez Monteserín.; o Subdirector Agader, Javier Blanco Carballal; e Alcaldes e representantes das corporacións dos concellos de Ordes, Mesía, Cerceda, Trazo, Tordoia, Oroso e Frades.

O acto estará presentado pola artista local Tania Veiras e o xornalista Pablo Quinteiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial