Doce anos de DesOrdes Creativas

0

Ordes, 6 de agosto do 2019 – Hoxe comeza un dos festivais de cultura urbana máis interesantes da bisbarra, o DesOrdes Creativas chega a duodécima edición en plena forma e con 6 intensos días por diante.

O DesOrdes Creativas transformará un ano máis distintos espazos da vila en arte grazas a artistas de renome internacional que converten ao concello nun museo ao aire libre.

Os nomes propios que participan nesta nova cita son: Daniel Muñoz ‘SAN’ (Extremadura), Twee Muizen (Galicia), Alegría del Prado (México/Burgos), Artez (Serbia) e Leandro Barea (Galicia).

Desordes Creativas 2019Ademais das intervencións creativas o programa inclúe outros eventos como o concerto a cargo de Néboa e a sesión live painting con TEBO mañá mércores ás 21 horas na alameda.

O venres Yoseba MP ofrecerá unha master class de retrato rápido. As persoas interesadas deberán inscribirse canto antes, previa consulta de condicións no blog http://certamedesordescreativas.blogspot.com/.

Desordes Creativas 2018O sábado haberá un roteiro guiado polos distintos murais situados en Ordes. A saída do grupo está posta para as 18 horas dende a mesma alameda.

DesOrdes Sonoras

O sábado, 10 de agosto terá lugar o DesOrdes Sonoras, unha cita musical na que os concertos e sesións musicais sucederanse en distintos momentos do día. A primeira actuación arrancará ás 13 horas cunha sesión vermú amenizada por Sekone DJ Set.

O prato forte terá lugar a partir das 21.30 horas cun cartel no que figuran High Paw, Agoraphobia, Ortiga e, novamente, Sekone DJ Set.

Desordes CReativas 2017Coma sempre o punto de encontro será o parque da Constitución, lugar ao que calquera se poderá achegar para disfrutar de todo isto de balde. Este mesmo día Sekone realizará en vivo e exhibirá un mural no mesmo escenario que se instalará para a ocasión.

DesOrdes Creativas é unha cita na que traballan de forma conxunta o Concello de Ordes, Deputación da Coruña e Mutante Creativo. Ademais cóntase coa colaboración de empresas como Proa ou Oloxam Hune.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial