Ordes e o Obradoiro CAB crean unha escola de baloncesto

0

Ordes, 10 de outubro do 2019 – O concello de Ordes ven de firmar un convenio co Obradoiro CAB para a creación dunha escola deportiva de baloncesto na vila.

O alcalde, José Luís Martínez Sanjurjo, por parte do concello e Óscar Rodríguez Gutiérrez, por parte do Obradoiro CAB, foron os encargados de asinar o documento. Na firma tamén estivo presente José Ángel Casal Fernández, presidente da fundación Heracles, ademais de persoal técnico do departamento de Deportes do Concello.

Ordes convenio Obradoiro CABO eixe principal deste acordo pasa pola posta en marcha dunha escola orientada ao baloncesto de formación, centrándose no eido das categorías Baby básket, Premini, Mini e Infantil, e coa vixencia do curso escolar durante a tempada 2019-20. Unha actividade que non se fará esperar xa que comeza hoxe mesmo, xoves 10 de outubro, no pavillón Campomaior, en horario de tarde.

Será a Fundación Heracles, asemade do Obradoiro CAB, quen facilitará o cadro técnico, o cal estará en posesión do pertinente título deportivo habilitado pola Federación Galega de Baloncesto.

Entre outros compromisos adquiridos polo Obradoiro CAB para o fomento e a promoción do baloncesto figuran: a presenza na escola en momentos puntuais de xogadores e adestradores dos equipos ACB e EBA; achega de material para as competicións internas e invitacións para asistir a partidos do primeiro equipo; importantes descontos para participar nos campus de Nadal, Semana Santa e verán organizados polo Obradoiro CAB; o alumnado tamén poderá participar nos torneos e actividades sociais que o Obradoiro CAB organice.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial