займ срочно

Obras de mellora na estrada de  Ordes a Lanzá

0

Ordes, 20 de setembro do 2019 – A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de infraestruturas, iniciará esta semana as obras de mellora do firme na estrada AC-524 de Ordes a Lanzá).

Será no tramo que vai dende o casco urbano ata os accesos da autoestrada AP-9 e O Peñasco (límite con Frades). Os traballos na estrada de Lanzá executaranse ao longo dos case 20 quilómetros que pasan polos municipios de Ordes, Frades e Mesía. Tamén no tramo situado no municipio ordense da AC-408 (AC-524-Polígono Merelle), exactamente entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+580.

Estes traballos teñen como obxectivo rehabilitar a capa de rodadura naqueles treitos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento. As actuacións se complementarán cos traballos de reposición da sinalización horizontal e vertical e a colocación de captafaros reflectores nas marxes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies