займ срочно

Ordes lanza unha convocatoria extraordinaria de axudas para material escolar

0

Ordes, 29 de xaneiro do 2018 – O Boletín Oficial da Provincia da Coruña fixo pública a convocatoria extraordinaria de axudas para a adquisición de material escolar por parte do Concello de Ordes.

O xuro orzamentario para estas axudas dirixidas aos cursos de infantil, primaria e secundaria obrigatoria ascende a 6.000 €. As persoas interesadas terán de prazo para presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 15 de febreiro no departamento de Educación, situado no primeiro andar do edificio consistorial.

Entre outros os requisitos que se deben cumprir son os de non superar os ingresos económicos fixados nos criterios de valoración, en particular que a suma das bases impoñibles do IRPF (recadros 392+405) dos membros que integran a unidade familiar, dividido entre o número de membros computables desta, non exceda dos 9.000 €. Os valores catastrais das leiras urbanas e das leiras rústicas pertencentes aos membros da unidade de convivencia non poderán exceder dos 35.000 e 13.000 € respectivamente (queda excluída a vivenda habitual).

Tamén é requisito indispensable, para acceder as axudas,  que o alumnado estea escolarizado no municipio nos cursos de infantil, primaria ou secundaria obrigatoria. O método de pago será mediante un vale que se poderá intercambiar nos establecementos adheridos.

Primeira vez que o concello abre unha convocatoria de axudas extraordinaria

Por primeira vez o Concello de Ordes convoca axudas extraordinarias para a adquisición de material escolar. Entre os motivos principais que impulsaron tal decisión Susana García, responsable municipal da área de Educación, destaca “o gran número de solicitudes que este ano se recibiron en comparación co ano anterior, superándose en máis dun centenar”. Continuando coas estatísticas García sinala que debido ao esgotamento do orzamento asignado na primeira convocatoria (18.000 €) 40 casos quedaron sen poder atender a pesar de cumprir cos requisitos. “Conscientes das necesidades e demandas do noso municipio dende o Departamento de Educación concedemos unha atención prioritaria para solucionar unha situación que sabemos suscita gran preocupación entre a nosa veciñanza”, manifesta a concelleira de Educación.

Para calquera consulta pódese chamar ao  981680002 (ext. 4) ou ben ampliar a información a través dos seguintes enlaces: www.ordes.gal e http://bit.ly/2Ec6B3Y.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies