Ordes, Frades e Mesía na procura dun novo obradoiro de emprego

0

Bisbarra, 8 de xuño do 2019 – Os alcaldes en funcións dos concellos de Ordes, Frades e Mesía, José Luís Martínez Sanjurjo, Roberto Rey e Mariano Iglesias respectivamente, asinaron a solicitude para a posta en marcha do obradoiro dual de emprego Brañas do Illó-Río Samo II.

Con esta iniciativa dáselle continuidade á primeira edición deste obradoiro de emprego cuxa data de remate será o vindeiro 1 de agosto e que leva desenvolvéndose ao longo dos últimos 9 meses. Unha vez máis a actividade forestal será a temática central desta iniciativa formativo laboral da que formarán parte un total de 20 alumnos/as-traballadores/as e outras 5 persoas entre cadros de profesorado, administrativos/as e dirección. O prazo de inscrición farase público nos vindeiros meses.

O importe acordado para este proxecto ascende a 376.371,23 € sendo a partida máis destacable a asignada para custos de persoal con 297.824 euros en total. Con isto vénselle de solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria unha subvención de 324.896 € para sufragar estes e outros gastos. A aportación económica individual de cada concello ascendería a 22.866,60 €; 8.307,76 € e 5.865,08 € para Ordes, Frades e Mesía respectivamente. Ademais tamén correrán cos seguintes gastos a partes iguais: 2.435,79 € para indemnizacións e 12.000 € gastos de traslado e desprazamentos para formación práctica.

Colaboración administrativa

Unha vez máis o convenio deseñado para este novo obradoiro baséase no principio xeral de colaboración en aras dunha mellor coordinación e eficacia administrativa. Unha medida que se traduce, entre outras vantaxes, na redución dos custos. O Concello de Ordes volverá a figurar como entidade promotora, encargándose de todo o relacionado coa xestión e con aspectos de servizo, materias e técnicos etc.

Nesta ocasión as áreas onde se realizarán os traballos silvícolas son:

Concello de Ordes: Zona verde e parcela 85 parque empresarial de Merelle, brañas de Pumariño (Buscás), Trillón (Buscás), Queiroal (Ardemil), Chousa (Ardemil), Brañas (Ardemil), área Adina-O Mesón do Vento, campo da festa de Parada, entorno da capela de San Pedro de Adrán (Vilamaior), entorno dos Marchás (Vilamaior), fincas do campo de fútbol de Barbeiros, a Revolta de Mosqueira (Leira) e prado de Ramos (Barbeiros).

Concello de Frades: Finca o Carballal (Papucín), campo de fútbol de Vitre, punto limpo de Frades-Mesía, ponte Carballa, finca A Presa (Gafoi), local social de Añá, praza da Ponte Carreira, área do muíño de Céltigos,  pasos de Aiazo, finca Gasalla (Abellá), piscina municipal de Papucín e finca do campo de fútbol de Ponte Carreira.

Concello de Mesía: Prazas de Albixoi, Boado, Mesía e Bascoi, área recreativa de Olas, praza de Visantoña, área deportiva Xanceda, viveiro municipal (Cumbraos), finca en Rivas (Mesía), finca Braña do Vilar (Albixoi) e brañas de Valga (Albixoi).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial