A liña de alta tensión Gasalla Monte Inxerio, en Ordes, non se instalará

0

Ordes, 16 de setembro do 2019 – Tras a reunión mantida entre o alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo, coa Dirección Xeral de Minas a empresa Green Capital Power ven de renunciar ao proxecto de alta tensión  Gasalla Monte Inxerio.

Martínez Sanjurjo vén de amosar a súa satisfacción tras a comunicación efectuada polo grupo Green Capital Power de renunciar á tramitación administrativa do proxecto para a instalación da denominada liña de alta tensión Gasalla-Monte Inxerio. Dito rexeitamento foi comunicado a tarde do pasado xoves de maneira oficial e telematicamente á Dirección Xeral de Industria e Minas, e o Concello tivo coñecemento o pasado venres.

O rexedor ordense mantivera múltiples reunións nos últimos meses cos axentes implicados, e foi convocado fai escasos días a un último encontro co persoal técnico da Dirección Xeral de Enerxía e Minas na que expuxo novamente as súas reticencias e inquedanzas. Nesta reunión incidiu especialmente en varios aspectos relacionados co traxecto trazado para esta liña “xa que é ilóxico que partindo dende a subestación proposta para o PE Solpor e o PE Gasalla se teña que atravesar todo o municipio de Este a Oeste ata Mercurín para logo chegar desde alí ao Mesón do Vento e a subestación das Travesas”.

Martínez Sanjurjo tamén insiste en que aínda que “esta nova aporta folgos en materia mediambiental para o noso municipio” é consciente que “queda moito camiño por andar e moito traballo por facer”. Unha vez máis o alcalde lembra que aínda que este proxecto “xa non se vai a chegar a materializar queda por diante calquera outro trámite que as empresas inicien dentro do noso termo municipal”. Martínez Sanjurjo asegura que, “como fixeron ata agora, dende o goberno do Concello de Ordes manteremos unha actitude fiscalizadora apoiada nos técnicos municipais, sin entrar xamais nas confrontacións que buscan outras formacións políticas locais e organizacións supostamente apolíticas, claramente dirixidas, articuladas e vinculadas a partidos políticos autonómicos, sempre coa premisa máxima de salvagardar os verdadeiros intereses do noso municipio e da nosa xente. Non imos nin podemos ir en ningún caso contra das Normas e das Leis pois poderíamos incorrer en delitos ou en actuacións que deriven en responsabilidades patrimoniais a pagar co diñeiro público, pero tampouco imos a tolerar que se pisen os dereitos privados da veciñanza e os públicos por mor dos beneficios económicos de ningún axente externo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial