Ordes rende homenaxe ao Club Atlética A Silva

0

Ordes, 9 de xullo do  2017 – José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, alcalde e edil de Deportes de Ordes de Ordes, renderon homenaxe ao Club Atlética A Silva-Ordes.

Un acto que congregou a un bo número dos seus atletas e no que se lles fixo un emotivo recoñecemento tanto ao Club Atlética A Silva-Ordes como a moitos dos seus corredores e corredoras polos logros acadados na última tempada.

Ao acto asistiron temén afeccionados, familiares e Pepe Domínguez Caballero, adestrador e “alma mater do club”, en palabras do rexedor e que ademais lle fixo entrega dunha bandeira do municipio “para que poidades lucila alá a onde vaiades e para que vos traia sorte” manifestou.

Tanto Martínez Sanjurjo como Ana Soneira animaron ao corpo de atletas do Club Atlética A Silva-Ordes a “seguir traballando para conseguir premios tan importantes como os obtidos ata o de agora”. Tamén amosaron abertamente o seu apoio para contribuír no seu desenvolvemento e crecemento da entidade. Un compromiso que se orienta sobre todo no que se refire ás melloras das instalacións do complexo deportivo de Vista Alegre, lugar habitual de adestramento dos membros do club. Neste aspecto físoxe mención, a modo de exemplo, dos almacéns que se están a construír.

Nomes propios    

Entre as persoas homenaxeadas no día de hoxe sobresaíu o nome da veterana María Ánxeles Rodríguez del Río, campioa do mundo e de España en lanzamento de xavelina. Tamén recibiron diploma Isabel Fernández Bello, bronce no Campionato de España en 4×200 na categoría de veteranos e María Pena Ferreiro, subcampioa de España en lanzamento de xavelina na categoría cadete. Na categoría infantil destacaron Martiño Caneda Pájaro, campión galego en 220 metros vallas; Samuel Fariñas Fernández, bronce en 3000 metros lisos; Alejandra Souto Vieites, subcampioa galega en triple salto; Daniel Loureiro Mosquera, subcampión galego en lanzamento de xavelina e Lara

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial