займ срочно

Ordes homologa o roteiro San Paio de Buscás a Poulo

0

Ordes, 13 de xuño do 2019 –   O Concello de Ordes está a levar a cabo a homologación do roteiro San Paio de Buscás a Poulo tras serlle concedida por parte de Consellería de Cultura e Turismo unha subvención por importe de 11.660,08 euros.

A homologación é un proceso federativo interno que avala o cumprimento dos requisitos estipulados pola Federación Galega de Montañismo (FGM).  Unha vez que se aprobe tamén será posible o uso da marca da Federación Española de Deportes de  Montaña e Escalada (FEDME) no roteiro de San Paio de Buscás.

Con esta medida o Concello quere complementar a denominada ruta do río Mercurín cunha lonxitude de 18,50 quilómetros e actualmente en fase de contratación. A adecuación e homologación do roteiro, de 9,67 quilómetros, atópase no entorno do itinerario do Camiño Inglés que transcorre entre ambas poboacións. O carreiro, cuxo pavimento contará segundo o tramo con asfalto, chan non tratado e capas de agregados machucados, terá unha anchura libre de paso de a lo menos 90 cm, chegando a 150 cm naqueles puntos nos que se teñan que realizar cambios de sentido. No caso da altura está garantido un mínimo de 220 cm libres de obstáculos. Traballarase arreo nos desniveis para evitar resaltes de máis de 2 cm, permitindo así o tránsito de calquera persoa con movilidade reducida que precise de elementos ortopédicos para os seus desprazamentos.   Deste xeito un dos maiores atractivos que presentará o trazado será a total accesibilidade a pesar de estar falando dunha zona rural.

Tamén se incorporarán indicadores, paneis de interpretación e elementos interactivos cun gran compoñente educativo. Elementos cun gran atractivo para todo tipo de usuarios e, moi especialmente, para os que practican un turismo familiar. Tamén está contemplada a colocación de asentos e sinaléticas horizontais e verticais accesibles para calquera persoas que teña algún problema de percepción visual, sonora ou de calquera outro tipo. Empregaranse diversos soportes para acceder á información audiovisual mediante dispositivos con capacidade de lectura de códigos QR. No proxecto dispóñense tamén prazas de aparcamento para persoas con movilidade reducida, que estarán situados o máis próximas aos puntos de inicio e finalización do carreiro.

Segundo as estimacións do Concello e Ordes o proxecto estará rematado a mediados do mes de outubro. Con esta medida o Concello sigue avanzando no seu plan de converter o Camiño Inglés nun revulsivo para a zona rural, na que a día de hoxe xa se atopan distintos establecementos hostaleiros e de hospedaxe rural de alto nivel e calidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies