Nova iluminación para as instalacións deportivas de Vista Alegre

0

Ordes, 14 de setembro do 2019 –  O Concello de Ordes vén de realizar un investimento de 39.992,79 € para a renovación do sistema de iluminación das instalacións deportivas de Vista Alegre.

Os campos de fútbol de Vista Alegre serán os beneficiados de este investimento. Os concelleiros Ana Soneira, Xosé Manuel Mira, José Antonio Cabeza e Xosé Manuel Rodríguez visitaron o lugar para comprobar o resultado dos traballos.

O campo de adestramento está dotado de catro torretas de aceiro de 20 metros con 6 proxectores (unha delas con 4). Ademais pola banda sur sitúase o corredor de acceso ata a zona de acceso a ambos campos con 8 proxectores. En total instaláronse 48 unidades proxectoras LED, 36 delas de 320 W de potencia e outras 12 de 50 W, ambas de clasificación A+ entre outras características técnicas.

Nova iluminacion para Vista AlegreCon isto soluciónanse as carencias que ata o de agora presentaban as instalacións en materia de iluminación nocturna. Tanto no que se refire ao cumprimento da normativa vixente como no que se refire aos sistemas de iluminación requeridos para a práctica deportiva. Ademais dun mellor e máis que notable rendemento enerxético evidenciase tamén a uniformidade lumínica sobre o terreos de xogo. Do mesmo xeito tamén se sustituiu a iluminación do vial peonil de acceso, incrementando o nivel de seguridade, e especialmente para os nenos e nenas que fan uso del.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial