Ordes informa da apertura da inscrición do programa Xuntos polo Nadal

0

Ordes, 24 de outubro do 2018 –   O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes pon en coñecemento das persoas maiores que xa está aberto o prazo para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’.

Xuntos polo Nadal é un programa posto en marcha pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade de cara á promoción do envellecemento activo e a convivencia.

A estancia terá lugar entre o 23 de decembro de 2018 e o 7 de xaneiro de 2019. En total ofértanse 260 prazas, das cales 130 correspóndenlle á Residencia de Tempo Libre do Carballiño para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra, e as 130 restantes á residencia de Panxón (Nigrán) para as de Ourense e A Coruña. Entre os requisitos esixidos figuran estar empadroados nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio, estar só nas datas do Nadal, non estar acollido nun centro residencial e valerse por si mesmo ou ter máis de 60 anos.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de novembro. Aquelas persoas con menores recursos económicos (ingresos mensuais inferiores a 537,84€) poderán optar a prazas gratuítas, mentres que para as demais terá un custo de 50 €.

Para acadar máis información pódese chamar ao Departamento de Servizos Sociais da Mancomunidade de Ordes (981680002). Tamén a través da páxina web da Consellería de Política Social http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de- maiores, ou chamando aos teléfonos  981 547437 e 900333666 (este último é gratuíto). Tamén se dispón do correo electrónico: autonomiapersoal.sxps@xunta.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial