Ordes inicia as obras de mellora da Escola Municipal de Música

0

Ordes, 5 de setembro do 2018 – O Concello de Ordes vén de iniciar unha primeira fase con obras de mellora de eficiencia enerxética do inmoble que alberga a Escola Municipal de Música.

En total o orzamento ascende a 40.000 €, cantidade destinada a solucionar principalmente os problemas e inconvintes provocados polo deficiente illamento térmico dos paramentos verticais exteriores e por unha instalación eléctrica e de alumeado dimensionada de maneira incorrecta. O obra na Escola Municipal de Música está subvencionada nun 80% (32.000 €) pola Xunta de Galicia en base ao Fondo de Compensación Ambiental).

dav

Entre os labores que se están a realizar inclúense a desmontaxe de portas e de cerramento de fachada a base de chapa de aceiro prelacado, substitución completa do sistema eléctrico e dos seus mecanismos, así como dos elementos de alumeado por downlights encastrados en falso teito con sistema LED. Tamén está prevista a sinalización de elementos contra incendios e vías de evacuación ademais da substitución de luminarias de emerxencia por outras de tipo LED. A día de hoxe estase traballando xa no illamento térmico exterior da fachada con paneis ríxidos de polistireno fixado con morteiro, tras o que se realizará un revestimento exterior a base de morteiro acrílico sobre imprimación. Por último aplicarase unha pintura de todos os paramentos, ademais de colocarse novas portas de saída laterais elaboradas en pvc.

O prazo de execución para finalizar con todas estas obras é ao remate do presente mes de setembro de cara a que estean listas para o comezo do novo curso da escola municipal de música.

dav

En actuacións futuras que valora o goberno local, previstas para unha segunda fase, contemplarán a climatización interior de todas as aulas, o cambio das carpinterías, e a substitución da actual cuberta de chapa por outra de panel ao fin de completar as actuacións de illamento térmico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial