Estufas de pellets para locais sociais de Ordes

0

Ordes, 12 de decembro do 2019 – O concello de Ordes ven de instalar estufas de pellets nos locais sociais de Pereira, Buscás, Leira e Fondo.

Estas estufas de pellets sufráganse con cargo a convocatoria de subvencións do INEGA a proxectos de enerxías renovables térmicas para o ano 2019; están ademais cofinanciadas polo FEDER Galicia 2014-2020. O importe total alcanza os 16.447,39 euros.

Beneficio das actuacións.

Con este tipo de actuación acádase un maior confort na climatización de calor en estes catro locais habitualmente empregados polos veciños dos lugares para reunións de asociacións, encontros, así como para as diversas actividades que o concello de Ordes realiza nas parroquias.

Actuacións futuras.

Con cargo a estas liñas de axudas que son recorrentes todos os anos por parte do INEGA, tratarase nos vindeiros anos de continuar coa instalacións de equipos de esta índole nos demais locais sociais, así como nos locais da nave de gando do Mesón do Vento, ou na propia escola de música da Praza da Feira de Ordes, que tamén é o local empregado pola Asociación Amigos da Música de Ordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial