Nova gaiola de lanzamento de disco e martelo para Ordes

0

Ordes, 18 de setembro do 2019 – O concello de Ordes disporá dunha nova gaiola de lanzamento de disco e martelo nas instalacións deportivas de Vista Alegre.

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, mantivo un encontro de traballo no lugar onde se quere instalar a nova gaiola. Ao encontro tamén acudiron o adestrador do Club Atlética A Silva-Ordes, Pepe Domínguez, o xuíz internacional de atletismo Jorge Blanco, así como técnicos da empresa que levará a cabo os traballos.

Ordes disporá dunha nova gaiolaO novo equipamento suporá un investimento de case 33.000 euros, sufragados en gran medida pola Secretaría Xeral do Deporte. Contará con certificado internacional. Terá unha calidade moi superior á actual tanto en servizo como en materiais, ademais de ver ampliada en gran medida a zona de caída. Todo isto permitirá que Ordes poida albergar probas e campionatos federados tanto de ámbito autonómico como nacional. Calcúlase que a finais de outubro as persoas afeccionadas ao atletismo xa poderán facer uso da nova infraestrutura.

O proxecto contempla demolicións previas, o acondicionamento do terreo e as cimentacións precisas mediante a aplicación de capas e a formación de zapatas de formigón armado. Posteriormente procederase coa instalación da gaiola propiamente dita, a cal levará sete postes verticais de aluminio e reforzados, dúas portas rectangulares con perfil de aluminio e dobre rede confeccionada con fío de polipropileno, así como outros elementos de seguridade. Por último, aplicarase un pavimento continuo sintético na soleira da zona de lanzamento.

Ordes disporá dunha nova gaiolaXavelina

Ademais desta nova instalación hai que engadir o compromiso adquirido a principios de ano por José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte, de construír tamén unha nova zona de lanzamento de xavelina. Estará composta por corredor, arco e sector de caída. Con todo isto o complexo deportivo de Vista Alegre sería o primeiro en Galicia onde se poderán realizar simultaneamente lanzamentos longos de xavelina e de gaiola.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial