Ordes inviste 30.000 € na mellora de luminarias

0

Ordes, 24 de xaneiro do 2018 – O concello de Ordes ven de facer un investimento de 30.000 € en luminarias e proxectores para distintos lugares da vila.

As novas luminarias son de tipo LED o que supón un aforro considerable pola maior eficiencia enerxética dos novos modelos.

Os cambios realizáronse nun total de 38 luminarias situadas en diversos puntos do concello. 7 na rúa Mundito, 11 na rúa Nova, 5 no parque da Constitución, 7 no parque Félix Rodríguez de la Fuente, 5 na rúa Mercado e 3 en Alfonso Senra. Neste último caso, ademais, tamén foi precisa a colocación de novas columnas.

Tamén se procedeu á instalación de 6 proxectores e dúas columnas na zona do tanatorio do Valado (3) e no Campo da Feira (3), solucionándose deste xeito o problema de deficiencia luminosa que se viña rexistrando pola noite.

Finalmente fíxose adquirínrose 24 focos LED para o cambio de iluminación da pista polideportiva do pavillón Castelao 2. Procederase coas tarefas de substitución nas vindeiras semanas, por parte da empresa de mantemento eléctrico municipal. Un cambio que suporá un aforro superior ao 60% e unha considerable mellora nas condicións luminosas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial