займ срочно

Ardemil en Ordes celebra a festa da Malla Tradicional

0

Ordes, 9 de agosto do 2019 –  Desde esta mesma noite a localidade de Ardemil, en Ordes, celebrará, un ano máis, a súa tradicional festa da  Malla Tradicional.

Da man da Asociación Cultural Castro da Croa, en colaboración co Concello de Ordes e varias empresas da zona, o programa da Malla inclúe toda unha serie de actos e mostras de grande interese para visitantes e veciñanza.

cartel malla ardemil 2019A primeira cita coa festa será esta mesma noite. A partir das 22 horas repartirase de balde touciño entrefebrado entre as persoas asistentes, que ademais poderán botar máis dunha baila xa que se contará con música en directo.

Aquí tedes a ubicación exacta da festa da malla en google maps:  https://goo.gl/maps/UfigCPpEUpVtCt1k9

Xa para mañá sábado, ás 12 horas, dará comezo a xornada principal na que o público poderá contemplar e revivir a malla. A esa hora toda a cuadrilla de labregos e traballadores ocuparán o campo onde levarán a cabo os labores de separar debidamente a palla do gran, facendo uso en todo momento de apeiros e maquinaria tradicional.

Novamente haberá feira de antigüidades e unha ampla exposición de tractores, coches, motos, motores e apeiros doutras épocas. Tamén se poderán contemplar ou adquirir, obxectos como pías, adornos, mobles, farrapos, motores de máquinas de mallar etc, moitos deles con máis dun século ás súas costas.

O ‘Dúo Suso’ e un grupo de gaitas porán a nota musical a esta xornada na que tamén haberá un gran xantar popular baixo unha carpa, e en cuxo menú non faltarán nin o polbo nin a carne ao caldeiro.    

Para calquera información ou consulta pódese chamar ao teléfono  676221905.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies