A Mancomunidade de Ordes busca a continuidade dos axentes de emprego e drogodependencia

0

Ordes, 14 de outubro do 2019 – A Mancomunidade de Ordes decidiu en sesión plenaria a continuidade dos axentes de emprego e drogodependencia e buscar os recursos económicos necesarios para tal fin.

Os representantes dos sete concellos que integran a mancomunidade decidiron solicitar antes a Consellería de Economía, Emprego e Industria a subvención que permita sufragar os custos do servizo que ofrece o axente de emprego e desenvolvemento local.

O obxectivo e continuar coa configuración dunha rede especializada en políticas activas de emprego, xeración de traballo na contorna dos municipios e a creación e dinamización de empresas.

Prevención de condutas aditivas

O pleno da Mancomunidade decidiu, tamén de forma unánime, continuar co programa de prevención de condutas aditivas. En este caso buscarase o apoio económico da Consellería de Sanidade.

Este departamento colaborou nos últimos anos na implantación de políticas dirixidas a mellorar a dispoñibilidade e eficacia dos programas de prevención. Os obxectivos a sensibilización da poboación do risco do consumo de substancias adictivas legais e ilegais e das súas consecuencias.

Entre os requisitos cítanse as medidas de prevención, que deben incluír a detección e intervención temperáns, o fomento de estilos de vida saudables e a prevención específica dirixida tamén a familias e comunidades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial