Centos de persoas asisten á estrea de Murmurios de silencio

0

Ordes, 17 de outubro do 2019 – Centos de persoas encheron o Pazo do Bidueiro para asistir á estrea do documental Murmurios de Silencio. Un acto que tivo lugar coincidindo co Día da Muller Rural.

Murmurios do silencio visibiliza a violencia de xénero nas aldeas e nos pobos rurais. Trátase dun impactante e sobrecolledor traballo que foi estreado no Pazo de Bidueiro e proxectado onte nos colexios de secundaria da mancomunidade.

As proxeccións pola mañá nos centros escolares servirá para que nas próximas semanas o alumnado traballe conxuntamente con psicólogos e educadores profesionais sobre o tema da violencia de xénero mediante a realización de mesas redondas, coloquios e debates. Ademais, tamén está previsto que este traballo se proxecte en diversas sesións polos distintos concellos da comarca.

A cantante e artista local Tania Veiras e o xornalista Pablo Quinteiro foron os encargados de conducir este evento que contou coa presenza da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a presidenta da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Susana García; o presidente da Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes e alcalde de Mesía, Mariano Iglesias Castro; o secretario Xeral AGADER, Severino Álvarez Monteserín; o subdirector da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Javier Blanco Carballal; alcaldes e concelleiros dos  concellos  de Ordes, Mesía, Cerceda, Trazo, Tordoia, Oroso e Frades; entre outras autoridades e representantes da vida social da comarca.

O proxecto, de carácter testemuñal, ofrece o relato de dez mulleres da comarca de Ordes, residentes no eido rural. Vítimas dos malos tratos, todas elas falan abertamente dos seus casos particulares describindo dramáticas situacións da violencia sufrida a nivel psicolóxico, sexual, económico etc. Finalmente, explícase o xeito no que viviron os cambios e como afrontan o futuro, tanto cos aspectos positivos como negativos.

Murmurios de silencio conta co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade e está promovido pola Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (ASDECOMOR), en estreita colaboración co Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes. Tamén hai que destacar a participación da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), do Fondo Social Europeo, da Asociación de GDR de Galicia, e a do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial