Marcos E. Amado presentou en Ordes o libro Poder, dominio e sangue sobre os señores de Montaos

0

Ordes, 20 de novembro do 2017 –  A biblioteca municipal de Ordes foi o lugar escollido por Marcos E. Amado Casdelo para a presentación do seu libro Poder, dominio e sangue. A liñaxe Bermúdez de Castro, señores de Montaos.

Os Bermúdez de Castro foron unha liñaxe de cabaleiros da baixa idade media que se converteron en Señores cunha Casa nobiliaria propia, a Casa de Montaos. Asentados con  señoríos xurisdicionais nas terras de Bergantiños, Dubra, Moraña e Montaos, dominaban aos seus vasalos dende os pazos-fortaleza de Lestrobe, Penaflor, e os principais de A Coruña e Caión onde centramos este estudo.

A historia dos  Señores da Casa ofrece ao lector unha panorámica da nobreza galega dos séculos XV e XVI, xa que entroncados cos Mariñas, Andrade ou Moscoso, non dubidaron en buscarse magnos aliados e acometer maquiavélicas accións para colmar as súas ansias de poder e dominios. Loitas entre cabaleiros, misivas ao rei en busca de apoios, altos cargos relixiosos con amantes e fillos bastardos, matrimonios concertados con herdeiras de ata 8 anos,  humillacións a esposas para forzar un divorcio, ou incluso asasinatos da parella diante dos fillos pola súa custodia,  foron lei de vida nesta e noutras liñaxes da época. Están vostedes convidados a formar parte dos Bermúdez de Castro,  mergullándose neste primeiro estudo histórico do autor.

O acto, celebrado esta fin de semana, contou con abundante público que escoitou de boca do seu autor diversos aspectos relacionados coa historia da comarca de Ordes e co proceso de creación literaria e documentación da obra.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies