Ordes renova o material das instalacións deportivas

0

Ordes, 22 de xaneiro do 2018 – O Concello de Ordes ven de investir na área de Deportes máis de 20.500 euros para a adquisición de novo material destinado á práctica de moitas das actividades que se desenvolven nas instalacións e polideportivos tanto da vila como das parroquias.

Entre o novo material figuran pelotas de distintas clases e tamaños, conos, cordas, xavelinas, chalecos, steps, aros, arneses, bancos pliométricos, tobogáns acuáticos, aletas, tapices de distintos tamaños, soportes para danza e distintos recambios para elementos xa existentes.

Ademais de todo isto tamén hai que destacar a renovación de maquinaria no ximnasio das instalacións deportivas Iván Raña, un dos espazos municipais máis utilizados polas persoas afeccionadas ao deporte. En total adquiríronse catro cintas de correr, un remo e unha prensa de pernas profesionais, ademais dun novo xogo completo de 24 pesas de man co seu correspondente banco.

Ademais do material o concello tamén optou pola renovación de parte do mobiliario. Nestas últimas semanas instaláronse no ximnasio e no pavillón Campomaior, así como nas dependencias de Vista Alegre, vitrinas para trofeos, mobles para almacenar o equipamento deportivo e tamén para a colocación de elementos técnicos e sonoros, ou mesmamente para a correcta almacenaxe das caixas de urxencias e material sanitario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial