A cita coa música chega a Ordes nas DesOrdes sonoras

0

Ordes, 11 de agosto do 2018 – A undécima edición do festival de arte urbana DesOrdes Creativas segue o seu curso decorando fachadas, valos e espazos da vila e hoxe fai un alto para a festa nas DesOrdes Sonoras.

Ordes xa luce os traballos de Animalito Land, Lidia Cao, Minia Regos e Miguel Peralta así que pode centrarse nas DesOrdes Sonoras que terán lugar no Parque da Constitución. Ás 13 horas dará comezo a sesión vermú, que estará amenizada por Sssekone vinil set. Previamente, a partir das 11, e novamente dende as 16 horas Nove Noel ofrecerá unha exhibición de pintura en vivo no mesmo lugar.

Outras das iniciativas previstas para hoxe son o obradoiro de pintura mural para os máis pequenos, inscritos previamente, e o roteiro guiado polos distintos murais espallados polo concello que, partindo tamén do parque da Constitución, comezarás ás 19 horas. A festa rachada chegará a partir das 22 horas coas actuacións de Hermanos L, Boyanka Kostova, Mounqup e SSSEKONE vinil set.

Precisamente MounQup pasou fai pouco polo Compostela Territorio das Mulleres nas Festas do Apóstolo

Proxeccións e realidade aumentada

Unha das novidades que presenta o programa deste ano son as proxeccións que a partir da media noite levaranse a cabo na fachada do Concello da man de A.L. Crego. Non será a única ubicación escollida senón que ademais, e aleatoriamente empregando un vehículo, tamén se poderán contemplar imaxes sobre paredes, fachadas e espazos do casco urbano ao longo da noite.

Tamén da man de A.L. Crego, quen queira poderá ver distintos lugares de Ordes dun xeito novidoso. A través da App gratuíta Artivive App terá a posibilidade de contemplar distintos puntos da vila en realidade aumentada. Entre estes espazos e elementos figuran os muráis situados no IES Maruxa Mallo (INO), no Matadoiro (SR.X), nas rúas Recreo e Escolar (Malakkai), a fiestra lateral dereita da igrexa, traseira e pasarela do Concello, cartel informativo paseo fluvial Ramiro Recouso Liste, ademais dos flyers e carteis do festival (máis información n Facebook do festival e en www.desordescreativas.com).

Organizado polo Concello de Ordes esta iniciativa, que remata mañá domingo, está cofinanciada pola Deputación da Coruña, patrocinada por pinturas Proa e Loxam Hune. Tamén conta coa inestimable colaboración de Mutante (arte, deseño e comunicación).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial