Ordes asesorará sobre os cambios na normativa de estatutos

0

Ordes, 1 de febreiro do 2018 – O Departamento de Deportes do Concello de Ordes ofrece a súa colaboración e asesoramento aos clubs e entidades deportivas locais para adaptar os seus estatutos e regulamentos á Lei 3/2012, del 2 de abril, do Deporte de Galicia.

Tras a pertinente comprobación no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia a Secretaría Xeral para o Deporte cifrou en preto de 8.500 entidades as que a día de hoxe aínda non teñen adaptados a normativa interna á Lei do Deporte de Galicia. A adaptación deberá realizarse ata o vindeiro 18 de febreiro como data límite, baixo ameaza de cancelación rexistral no caso de non facelo.

Fontes da Xunta apuntan que os criterios de maior interese responden á regulación do destino dos recursos económicos de cara ao cumprimento dos seus fins estatutarios, así como das regras económicas esenciais e o destino do patrimonio en caso de disolución. Tamén debe adaptarse á lei o réxime de responsabilidade de directivos e socios, o disciplinario e o de impugnación dos acordos ante os órganos competentes ante a Federación e o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies