Os comerciantes de Ordes teñen nova directiva

0

Ordes, 22 de xuño do 2020 – A Asociación de Comerciantes de Ordes, Acordes, ten nova directiva que chega coa intención de ampliar o número de socios como prioridade.

A nova directiva mantivo unha reunión co alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo para presentarse e expoñerlle os plans da nova xerencia.

Os comerciantes de Ordes teñen nova directivaAsemblea extraordinaria

A nova executiva nace da asemblea realizada recentemente. A intención do novo equipo e unir o maior número posible de empresarios da Comarca de Ordes, sexa cal sexa o seu sector de actividade. Para conseguir isto ponse á disposición de calquera empresario da comarca un e-mail, eumercoenordes@gmail.com ,  para que contacte co fin de poder facilitarlle toda a información que necesite

O presidente, David Viaño, explica que “Logo do golpe global na maioría dos sectores derivado da recente pandemia do COVID-19 compre empezar de cero e formar unha unión consolidada que aporte beneficios a todos os asociados, por iso dende o primeiro momento poñemos a disposición de cada socio unha xerente formada en todos os temas relacionados con asociacións de comerciantes e empresarios para poder dar respostas certas en todo momento. Para nós esta é a primeira medida que indica o gran cambio que queremos conseguir”.

Formación previa.

Tanto o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como a concelleira de Comercio, Jéssica López Varela, animaron e mostraron man tendida para seguir colaborando no tempo nas iniciativas de ACORDES. Tamén mostraron a súa predisposición a ser intermediarios en todo o necesario ante a administración autonómica, especialmente a dirección xeral de comercio, para obter os maiores réditos posibles de todas e cada unha das propostas que pensan poñer en marcha nas vindeiras semanas e meses.

O alcalde de Ordes anuncioulles que os orzamentos que se van a debater en pleno nos vindeiros días inclúen unha partida económica de cara a colaboración na financiación para a contratación da xerente no presente ano, e para desenrolar outras medidas das decididas en varios encontros celebrados nas pasadas semanas con representantes da asociación, especialmente co emprego e posta a disposición de novas tecnoloxías, tanto para negocios e empresas, como para os habituais e potenciais novos clientes.

“Desexarlle o maior dos acertos posibles a nova directiva, que a xerente faga unha labor beneficiosa, e que a colaboración económica municipal axude a poñer en marcha e materializar as ideas coas que arranca esta nova directiva”, remarca a concelleira Jéssica López Varela, ao mesmo tempo que se pon a completa disposición da directiva e dos asociados para manter unha comunicación fluída, especialmente para desenrolar actividades conxuntas de dinamización e promoción.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial