Susana García é primeira muller en presidir a Mancomunidade de Ordes

0

Ordes, 7 de outubro do 2019 – Por primeira vez nos seus máis de 40 anos de historia a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes estará presidida por unha muller.

Trátase de Susana García, concelleira de Política Social, Igualdade, Educación e Traballo de Ordes, será a máxima responsable da mancomunidade de cara aos vindeiros catro anos.

nova directiva mancomunidade de OrdesNon será a única do seu xénero en formar parte da actual corporación. Na imaxe do  pleno de organización da Mancomunidade, que tivo lugar hai escasos días, tamén figura Josefina Suárez, nova alcaldesa de Trazo, quen ostenta o mérito de ser a primeira no seu cargo.

Outro membro que se estrea no ente supramunicipal é Eduardo Antonio Pereiro, alcalde de Tordoia.

Polo demais repítense os nomes propios dos representantes, todos eles alcaldes, do resto de municipios. Manuel Mirás no caso de Oroso (onte asistiu Antonio Leira), Roberto Rey (antigo presidente) por Frades, Mariano Iglesias por Mesía e José Liñares por Cerceda.

nova directiva mancomunidade de OrdesAs sesións plenarias terán lugar o primeiro luns hábil de cada mes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial