Ordes constrúe nova unha nova ponte en Melante

0

Ordes investirá mais de 80.000 euros. A nova drenaxe evitará o asolagamento que nos últimos anos se vén provocando polas fortes chuvias. A estrada permanecerá cortada aproximadamente dous meses.

Nova ponte de Melante en OrdesOrdes, 13 de novembro do 2016 – O Concello de Ordes anuncia o inicio inmediato na parroquia de Vilamaior das obras de arranxo e mellora da ponte situada sobre o Rego Buxán, coñecida tamén como Ponte do Melante. A partir do vindeiro luns, 14 de novembro, o tráfico quedará cortado por este punto e se desviará de maneira alternativa pola estrada que transcorre polo cruce do Casal-Porpalla-Peñasco. O orzamento para este proxecto ascende a 80.561 € e o prazo de execución das obras estímase en dous meses.

Nova ponte de Melante en OrdesTrátase dunha intervención moi necesaria e demandada pola veciñanza da zona que ten como finalidade correxir o deficiente estado no que se atopa esta drenaxe transversal. Con isto quérense evitar os  continuos asolagamentos sobre a estrada de titularidade municipal  situada neste punto, provocados polas chuvias fortes. Incídese así tanto na mellora da comunicación da zona con outras áreas do concello e coa estrada N-550, como na seguridade de condutores e peóns que transcorren polo lugar.

Nova ponte de Melante en OrdesA nova infraestrutura prevista consiste nunha nova ponte construída ‘in situ’ con formigón armado mediante cimbra cun ancho de 8 metros. Contémplase o derrivo da actual infraestrutura e o movemento de terras necesario para a debida execución do cimentado do pórtico novo, o cal terá unhas dimensións de 5×2,7 metros. Unha vez aseguradas as zapatas, muros e lousas superiores colocarase un muro de acompañamento realizado en pedra de granito, ademais de varandas e barreiras de seguridade. O reafirmado do camiño do contorno realizarase con grava, zahorra e aglomerado quente, e levaranse a cabo tarefas de reforestación con especies arbóreas autóctonas.

O proxecto está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEDER), a través da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial