Ordes abre a IX Feira de Oportunidades

0

Ordes, 5 de setembro do 2019 – O Concello de Ordes xa ten todo listo para que hoxe arranque a  novena feira de oportunidades nos locais da Praza de Abastos.

Ata o sábado no primeiro andar do mercado a Feira de Oportunidade ofrecerá gangas de todo tipo saídas dos principais comercios da vila e dirixidas todo tipo de público. O  horario irá de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas

Nesta nova edición participan os seguintes establecementos e firmas comerciais: Capitán (calzado), Carma (zapatería), Blanco moda infantil e xuvenil, Muxa (moda muller), Chic (moda muller), Alfombra Roja (zapatos), Dress (moda muller), Numa (moda muller), Peteiro (decoración) e Juan Carlos Varela (moda infantil).

Cartel novena Feira de oportunidades de OrdesTamén se habilitará un recuncho infantil para as persoas que visiten a feira. O xoves e venres o horario deste servizo irá de 18 a 20 horas. O sábado será de 10.30 a 12.30 horas e novamente de 18 a 20 horas. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial